Servizos

SON

En Goyplason Dispoñemos dun amplo stock dos mellores equipamentos de son e Traballamos unicamente con marcas de recoñecido prestixio internacional. Ademáis, o noso servizo de mantemento continuo garante que todos os produtos estean sempre en perfecto estado para o seu uso.

dispoñemos de diferentes tipos de equipamento de son polo que podemos ofrecer una solución diferente que se adapte a cada situación.

Equipos de Son de Fonte Puntual, formato Stack ou Line Array de Marcas como: NEXO e VIETA PRO.

Mesas de Mesturas Dixitais y Analóxicas de pequeno e gran formato.

Monitores de chan, sistemas In-Ears.

Microfonía de cable e inalámbrica das mellores marcas e modelos (Sennheiser, Shure, Neuman, AKG, etc..)

Software de predición acústica e ferramentas de axuste para o perfecto aliñamento de sistemas de son.

Sistemas de gravación por pistas.

Distribuidores de prensa.

ILUMINACIÓN

Sen dúbida unha coidada iluminación pode ser a diferencia para que o resultado do evento sexa todo un éxito.

En Goyplason dispoñemos de Iluminación profesional e traballamos con marcas de recoñecido prestixio internacional. Ademáis, o noso servizo de mantemento continuo garante que todos os produtos estean sempre en perfecto estado de funcionamento.

Dispoñemos de diversos tipos de equipos de Iluminación e control de modo que podemos ofrecer unha solución que se adapte a cada situación.

Luz convencional: Par, Fresnel, Recortes, canón de seguimento, Panoramas ou PC de diferentes potencias e ángulos de cobertura.

Iluminación robótica: Cabezas Móbiles tipo Wash, Spot e Híbridos (3 en 1)

Efectos: tubo LED, Par Led, bolas LED, Máquinas de néboa e Fume, luz estroboscópica, luz negra, bolas de espellos.

Dimmers de diferentes canles e potencias.

Soportes de elevación Desisti de 2 o 3 corpos.

Mesas de Iluminación: controladores dixitais DMX, Splitters DMX e control por ethernet.

VÍDEO

En Goyplason dispoñemos de equipos de vídeo profesional de última xeración, traballamos unicamente con marcas de recoñecido prestixio internacional.

Dispoñemos de:

Pantallas LED configurables en distintos formatos, de exterior e interior

Pantallas de proxección de distintos tamaños

Proxectores de vídeo de distintos Lumens

Monitores de Vídeo con DIGITAL SIGNAGE

Controladores de vídeo

ESTRUTURAS, ESCENARIOS E MATERIAL ESCÉNICO

Para todo evento, precisamos dunha infraestrutura escénica que nos permita ofrecer un soporte adecuado para os equipamentos de Son, Iluminación e vídeo sempre coas máximas garantías de seguridade.

Traballamos unicamente con marcas de prestixio que dispoñan de certificados de seguridade recoñecidos internacionalmente.

Para nós a Seguridade é o máis importante, por iso ademais realizamos un servizo de mantemento continuo de modo que poidamos ofrecer sempre una solución para cada situación e sempre con total seguridade.

Dispoñemos de:

Estruturas de Truss de varios tamaños incluídas esquinas, cruces y soportes de chan.

Sistemas de Elevación como polipastos eléctricos e polipastos de cadea.

Control de Motores, cables de alimentación, eslingas

Tarimas de escenario 2X1 mt e 1X1 mt configurables en Altura e tamaño

Varandas

Chan escénico como linóleo

Escaleiras para diferentes alturas, con ou sen pasa mans.

Teas, faldóns e moquetas

Catenarias, limitadores do espazo.

Cadeiras.